Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios.
Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso

Bienvenido/a

Espacio Blog

En nuestro blog te contamos todos los detalles

Palabras con volta

Asómome a este espazo para falar un pouco sobre a importancia da palabra, tanto escrita como falada. 

A palabra é o que nos distingue como membros da especie humana, unha cualidade específica que nos permite chegar a todas partes e chegar a todos. As palabras narran, emocionan, transmiten... Somos nós os que lles damos sentido e os que as reviramos para que non digan o que non queremos dicir. O seu correcto uso é importante, xa que así aumentaremos as súas capacidades expresivas. A beleza que podemos conseguir a través delas ponse de manifesto nas fermosísimas obras literarias que se levan escrito ao longo da historia. 

 

Pero non nos podemos esquecer da palabra falada. Unha coidada expresión oral permítenos chegar a todos os públicos, ter unha maior confianza en nós mesmos e descubrir todas as posibilidades dunha lingua. Houbo grandes oradores ao longo da historia que dominaron os segredos da palabra falada e outros moitos actores e actrices que emocionaron coas súas interpretacións. A calidez, a enerxía e a firmeza das palabras pódenos achegar ou alonxar da xente ás que van dirixidas, pero sexa como sexa, son palabras, son pequenos tesouros comunicativos nos que poñemos un pouquiño de nós mesmos. 

Todos somos producto das nosas palabras e do uso que fagamos delas. Eu anímovos a facer un bo uso das palabras, que as vexades como uns aliados e non coma inimigos. Propóñovos que as tratedes ben, porque entón elas tamén vos han tratar ben. A fin de contas, as palabras son agradecidas e se conforman con pouco. Se as chamades virán, porque sempre volven.

Pipo Arribe

Etiquetas: escritores

Facebook

 

Contacto

Solicita información o ven a visitarnos:
C/ Tierra, 14 - Ferrol (A Coruña)
+34 608 065 276
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.