Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios.
Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso

Bienvenido/a

Espacio Blog

En nuestro blog te contamos todos los detalles

Libros Vivos

Debeu ser fascinante o momento no que se coseron diversos pergamiños e se encadernaron xuntos dando lugar así ao primeiro volume encadernado, é dicir, ao primeiro libro. Dende ese intre xa pasaron moitos séculos e ese invento marabilloso que é o libro segue aí, inalterable ao paso do tempo. No sei se durarán tanto como as Pirámides de Exipto, pero agardo que así sexa.

 

O tempo sempre xogou ao seu favor, xa que se foi perfeccionando a arte de compoñer libros. Un dos avances principais foi a invención da imprenta e a posibilidade dunha maior difusión do coñecemento. Despois viñeron os gravados, as ilustracións, as fotografías, etc. Foron avances incesantes que melloraron a calidade e a presenza dos libros nas nosas vidas.

Hai quen di que coa chegada das novas tecnoloxías os libros impresos están condenados a desaparecer. Pero eu non o creo, penso que o libro de papel seguirá existindo sempre, porque xa está no ADN da especie humana. Os libros forman parte das nosas lembranzas e recordos da infancia e xogan un papel importante na transmisión de ideas e coñecementos. As novas tecnoloxías terán que convivir cos libros, pero nunca chegarán a substituílos.

Os libros son un tesouro que debemos defender e protexer. Boa parte do que somos debémosllo a eles e así seguirá sendo.

 

Pipo Arribe 

Facebook

 

Contacto

Solicita información o ven a visitarnos:
C/ Tierra, 14 - Ferrol (A Coruña)
+34 608 065 276
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.