Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios.
Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso

Bienvenido/a

Profesor/a

Pipo Arribe

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Eu son Pipo Arribe, un rapaz de Vigo que leva tres anos en Ferrol e ao que lle encanta o teatro, a radio, ler e a música.


Desde pequeno sempre me sentín atraído pola literatura e a historia, e xa comezaba a facer as miñas primeiras incursións no mundo da interpretación. Durante a miña etapa do instituto descubrín o teatro grazas ao grupo que dirixía a miña profesora de literatura. Nese ambiente fun moi feliz e aprendín moito, e foi así como me atrevín, un par de anos despois, a dirixir o meu propio grupo de teatro. Foron doce anos á fronte do Grupo de Teatro Galego do Instituto San Tomé de Freixeiro de Vigo, co que logrei algún premio teatral. Ao mesmo tempo fora medrando o meu interese pola literatura e as linguas, o que me levou a estudar a carreira de Filoloxía Hispánica, da que me licenciei, e a facer os cursos de Doutoramento en Filoloxía.

Co título na man non me olvidei do teatro, que seguín compaxinando coa miña actividade profesional no campo editorial. Traballei en tres prestixiosas editoriais galegas; fun redactor da Enciclopedia Galega Universal na Editorial Ir Indo de Vigo, despois traballei para a editorial Santillana en Galicia e, máis recentemente, fun redactor na editorial Hércules de Ediciones da Coruña, onde realicei un labor de coordinación e de redacción.

Pero cando estaba estudando na Universidade de Vigo tiven a fortuna de contactar con Siro López, o ilustre ferrolán mestre do humor, quen se fixou en min para que formase parte do elenco de imitadores do programa de Radio Voz “Corre Carmela que Chove”, do que fun parte máis de dezaseis anos seguidos, ata abril de 2014. Foi una etapa da miña vida chea de alegrías e bos recordos, na que coñecín moita xente interesante e na que acadamos algunhas distincións, como o Premio Galicia de Comunicación.

Recentemente, hai tres anos, vin vivir a Ferrol, una cidade á que me fun adaptando pouco a pouco. Mestureime coas súas xentes e na actualidade participo desa gran institución musical como é o Real Coro “Toxos e Froles”, onde canto e toco a gaita, outra das miñas paixóns. Foi así que hai un ano coñecín a Patri e Juan Carlos, os artífices de Espacio Vivo, e cos que conectei desde o primeiro momento. Xa levo un tempo dando os talleres de Teatro e Escola de Escritores, cos que estou moi contento, e tamén puiden facer un Taller de Radio en colaboración coa Casa da Xuventude do Concello de Ferrol, con magníficos resultados.

Só agardo que sigamos desfrutando con estas e outras actividades ao longo deste curso e que sexades moitos os que poidades coñecer todo o que estamos a facer día a día neste Espacio Vivo.

 

 

Título Fecha Categoría Visto
Libros Vivos 23-10-14 Blog 727
Palabras con volta 19-06-14 Blog 757