Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios.
Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso

Bienvenido/a

Espacio Vivo - escritores

Palabras con volta

Asómome a este espazo para falar un pouco sobre a importancia da palabra, tanto escrita como falada. 

A palabra é o que nos distingue como membros da especie humana, unha cualidade específica que nos permite chegar a todas partes e chegar a todos. As palabras narran, emocionan, transmiten... Somos nós os que lles damos sentido e os que as reviramos para que non digan o que non queremos dicir. O seu correcto uso é importante, xa que así aumentaremos as súas capacidades expresivas. A beleza que podemos conseguir a través delas ponse de manifesto nas fermosísimas obras literarias que se levan escrito ao longo da historia.